Asociación Irimia

A Revista Irimia.

Escríbenos

Podemos regalar algunhas revistas, pero a nosa economía non nos permite asumir o gasto de envío indefinidamente.

Por iso propoñémosche:

  1. Descarga a versión pdf e mira se che interesan.
    portadas
    Preme aquí para descargar
  2. Se estás interesado en recibila en papel, escríbenos e pídenos que cha mandemos un tempiño de proba ou ben subscríbete directamente.
  3. O prezo da subscrición normal é de 24 euros ó ano. Con isto case cubrimos gastos (impresión e envío por correo). Se podes pagalo, axúdasnos a manter a revista viva e nosoutros sabemos que segue habendo quen quere que este labor continúe.
  4. Quen quere dar un apoio claro a esta angueira paga 36 euros.

A revista xurdiu en 1981 tendo periodicidade semanal ata o 28 de decembro de 1986. A partir de aí medrou en formato e pasou a ser quincenal.

Despois de máis de 25 anos de traballo, continúa tentando colaborar á mantenza dunha fe arraigada en Galicia, achegando un punto de vista crítico, -pois pretende ser fiel ó evanxeo- das cousas que ocorren no mundo (Igrexa incluída).

A mesa de redacción

En tantos anos deu tempo a pasar pola mesa unha morea de xente. Para non deixarmos a ninguén esquecido diremos só que foi dirixida primeiro por Victorino Pérez Prieto, máis tarde por Carme Puente Fernández e hoxe coordinada por Daniel, Pedro e Rubén. Ademais gozamos dunha ampla lista de colaboradores participantes todas e todos desta filosofía de traballo de balde e desinteresado.

Na actualidade pertencen á mesma:

    • Daniel López Muñoz,
    • Rubén Rivas,
    • Pedro Pedrouzo Devesa,
    • Luís G. Aldegunde
    • Lidia Campos Chan,
    • Manolo G. Turnes,
    • Lines Salgado Iglesias,
    • J. Antonio Martínez