Asociación Irimia

Remol

Cando nos regalaron esta verba pareceunos que recollía exactamente o que esperamos desta sección:

Remol son as brasas acesas que se conservan entre a borralla despois de arder algo e é tamén a comida que teñen os rumiantes na boca ó rumiar. Cando nos regalaron esta verba pareceunos que recollía exactamente o que esperamos desta sección: que vos axude a rumia-la Palabra, que sexa un rescaldo que aloumiñe a vosa fe.

O formato do envío ao correo electrónico comezou sendo RTF; os problemas que os envíos xeraban fixeron evolucionar cara un blog que funciona de xeito autónomo grazas a Santi González Avión e o seu grupo de Vigo

http://remoldapalabra.blogspot.com/
https://sites.google.com/site/celebrarremol
Imaxes: http://www.servicioskoinonia.org/cerezo/dibujosC

D esde decembro de 2002, co comezo do novo ano litúrxico, as irimegas e irimegos que o solicitaron, recibiron no seu enderezo electrónico un servicio litúrxico que denominamos Remol. Hoxe, mantendo os envíos, adopta tamén o formato de blog. 

Nesta iniciativa ó servizo da Boa Nova incluiuse material procedente do Servicio Bíblico Latinoamericano  - textos, debuxos…- pero tamén unha adaptación destes á nosa vivencia máis concreta ademais dos textos bíblicos en galego.

Porén,  non é a nosa unha iniciativa pioneira, senón que naceu para tentar cubrir o baleiro deixado por outras previas, nunca abondo recoñecidas, coma Boa Nova e Badal. Ó grupo de Badal débeselle tamén un importante traballo relacionado coa publicación dos textos litúrxicos oficiais en galego. Grazas a eses esforzos, orar en galego na comunidade xa non é unha aventura reservada a unha minoría, senón que entrou nun proceso de normalización (ben que lonxe de avanzar ó ritmo desexable).