Asociación Irimia
Benvidos/as
Asociación Irimia
Asociación de crentes galeg@s

A Asociación Irimia.

A "Asociación Irimia" foi fundada en 1978. Desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis ignorados pola sociedade e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores.

historia

"A necesidade de artellar todo ese movemento, bastante difuso, e estruturalo debidamente deu orixe ó posterior nacemento, con estatuto civil, da Asociación IRIMIA, co obxectivo de promociona-la cultura e a espiritualidade galego-cristiá" (Xosé Chao Rego)

Aínda que ciscados, había moita xente en Galicia que se identificaba cun, digamos, proxecto vital que discorre entre os valores do Evanxeo e o sentimento de pertenza á Galeguidade. Trataban de asumir no seu estilo de vida expresións coma diálogo, tolerancia, solidariedade, loita pola xustiza, polos que non contan. Déronse en chamar "crentes galegos".


Algunhas actividades nacidas na Asociación:

A Revista "Irimia"

A Romaxe de Crentes Galegos (e máis a acampada previa)

A Escola Alento de Formadores para o Tempo Libre (hoxe desvencellada de Irimia)

As Angueiras, colección sobre temas de Igrexa e Galeguidade

As xuntanzas de reflexión e diálogo que levou algúns anos Pepe Chao

Os Encontros de verán

A Festa do Lume , asemblea anual ordinaria e momento de encontro arredor dun tema de actualidade

O servizo litúrxico Remol

Asociación Irimia